EVALUACIÓN

5.3.      PROCEDEMENTOS E INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN

A avaliación dividirase en tres trimestres e constará de una proba teórica e unha serie de exercicios prácticos que deben desenvolverse ao longo de cada trimestre.
A proba teórica versará sobre os contidos expostos na aula.  Os exercicios prácticos realizaranse ao longo do trimestre e versarán sobre aspectos e temas relacionados coa materia.
No caso de exercicios prácticos de tipo audiovisual ou de construcción, tales como aparatos de visión ou de calquer outro tipo, deben presentarse debidamente identificados, có nome e o curso do alumno exposto de maneira claramente visible.

5.4.      Criterios sobre a cualificación e promoción do alumnado

As cualificacións emitiranse en base a os criterios establecidos anteriormente e os estándares de aprendizaxe correspondentes.
Os resultados da avaliación expresaranse mediante cualificacións numéricas de cero a dez, sen decimais, considerando negativas as inferiores a cinco.
A porcentaxe da nota de cada trimestre dividirase entre a proba teórica e os exercicios prácticos de modo que o exame supoña un 40% da nota final e os traballos prácticos un 60%.
Os exercicios prácticos deben presentarse en una carpeta debidamente identificada, cos exercicios impresos en papel ou realizados de maneira efectiva sobre algún soporte material. A carpeta debe ser exclusiva para dita materia e debe ir debidamente identificada có nome da materia, o nome do alumno e o seu curso. A carpeta pode ser de aneis, encadernada ou de fundas transparentes, sempre e cando as follas estén claramente visibeis de unha en unha e non grapadas nin gardadas de forma conxunta. De non facerse así a nota total poderá disminuir ata un 20%. A carpeta debe entregarse cós exercicios realizados ou ben con anterioridades ou ben no momento en que se realice a proba teórica, e se lle será devolta ao finalizar a avaliación correspondente.
Os traballos de fotografía e vídeo que se presenten en cada avaliación deberán ser visibles e accesibles a través de internet, deben ser executables en calquer ordenador cun sistema operativo normal (windows ou linux) e deben presentarse no lugar que se indique (neste caso en DRIVE, nunha carpeta identificada có nome do alumno/a) e deben presentarse no plazo fixado antes da avaliación correspondente (Neste caso o plazo finaliza o día e hora da realización do exame teórico). A forma de presentación debe ser mediante o arquivo correspondente copiado en dita carpeta ou mediante un enlace que se establecerá oportunamente. 
As recuperacións de ditos traballos poderán efectuarse nos trimestres seguintes.
Os alumnos que ao finalizar a 3ª avaliación non acadasen unha puntuación mínima de 5 deberán ir a o exame final ordinario, no que xa non contan os traballos efectuados no curso e sí a materia teórica total. Ista proba consistirá na realización dun exame teórico, no que debe demostar o grao mínimo de consecución dos estándares de aprendizaxe reflectidos no apartado 6.1.
Proba extraordinaria:
Os alumnos que non superen o exame final ordinario poderán presentarse a unha proba extraordinaria no período fixado polo centro.
Esta proba será similar ao exame final ordinario. Para a realización de dita proba, o alumno deberá aportar o material de traballo necesario para a súa realización.

Nos demais casos o alumno/a debe remitirse ao disposto no proxecto educativo do centro e na programación xeral anual.