lunes, 27 de noviembre de 2017

I Certame de Curtas Alfoz-Valadouro

O Seminario de Estudos do Valadouro organiza o I Certame de Curtas Alfoz-Valadouro, que se englobará dentro da celebración do VI Festi-Val de Cine Alfoz-Valadouro

Os traballos presentados deberán ter unha duración máxima de 10 minutos e estar rodados nos anos 2018, 2017, 2016 ou 2015.
• Pode presentar traballos calquera persoa que o desexe, sen límite de idade nin procedencia.
• A temática do vídeo é libre. A organización resérvase o dereito de rexeitar aquelas creacións nas que se fomente o racismo, o machismo, a homofobia ou a vulneración de calquera dos dereitos humanos recollidos na Declaración Universal de Dereitos Humanos.
• Os autores serán os únicos responsables do contido das pezas presentadas. Pódense presentar ata tres producións por persoa.
• Se se inclúe banda sonora no traballo, esta deberá estar libre de dereitos de autor ou contar coa autorización do propietario dos dereitos para a súa exhibición.
• A lingua principal do vídeo deberá ser o galego, podendo aparecer outras linguas de forma minoritaria. Corresponde á Organización decidir se o uso doutra lingua é minoritario ou non.

Prazo de presentación: • Os traballos deberán presentarse antes do 9 de febreiro de 2018.

Podeis ver más datos en
http://www.cronica3.com/2017/11/o-seva-organiza-o-i-certame-de-curtas-alfoz-valadouro/