viernes, 10 de noviembre de 2017

Concurso de guións


CONCURSO DE GUIÓNS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Bo día, dende a Deputación Provincial da Coruña quérese a través de esta convocatoria, xerar reflexión e conciencia na mocidade  fomentando a súa participación nunha actividade creativa de sensibilización, a través da edición dun guión, dedicado a concienciar a poboación, en xeral, dos motivos polos que debemos xuntar os nosos esforzos para combater a violencia de xénero.

Participantes : Poderán participar todas as persoas físicas con idades comprendidas entre 12 e 18 anos, que cursen educación secundaria obrigatoria, bacharelato, formación profesional ou outro tipo de formación análoga, que se presenten individualmente ou preferentemente en grupo (máximo 6 participantes por grupo), supervisados e titorizados por persoal docente do centro público de estudos ao que se adscribe, pertencetes á provincia da Coruña, e apoiados pola Dirección do centro.
Cada participante só poderá presentar un único guión orixinal e inédito, non premiado con anterioridade.
Non poderán participar as persas gañadoras en edicións anteriores.

Formato o guión editarase tendo en conta os seguintes criterios:
  •  Identificarese cun título
  •  Redactarase con formato courier, interlineado sinxelo, aliñado á esquerda con numeración de escenas e páxinas. Máximo 4 páxinas de guión (previsto para unha producción aproximadamente de 3 ou 4 minutos).
  •  Deberá conter polo menos, as seguintes partes; encabezado de escena, descripción/acción, personaxe, diálogo ( de ser o caso), anotación ou paréntese, transicións, e planos.
  •  Presentare en papel e en soporte dixital. O guión impreso non poderá  ir asinado co nome, a única referencia será o título. O idioma empregado será o galego, e engadirase a perspectiva de xénero.
Prazo:  o prazo de admisións de guións ábrese o día seguinte á publicación, das presentes bases no BOP 9 de Novembro   e péchase aos 30 días naturais 11 de decembro.
Forma de presentación dos traballos: o guión entregarase en soporte papel e dixital (CD,DVD, lapis de memoria, etc) nun sobre pechado; no exterior indicarase IV Concurso de guións contra a violencia de xénero 2017 e un título como identificador do guión.
Dentro desde sobre irá:
  1. O guión en soporte papel e dixital (CD, DVD, lapis de memoria, etc) identificado co título.
  2. Un sobre pechado co título no exterior, e no seu interior a folla de aceptación dos compromisos e autorización de datos de carácter persoal cos datos requiridos.

Agraderiámosvos que nos axudedes a difundir a convocatoria.

Un saúdo